26/2/08

Usa protector solar

Normalmente escribo os meus posts no tren, doulles unhas cantas voltas, elabóroos, reelabóroos e, finalmente, publícoos e corríxoos se vexo que teñen algún erro ou algo resulta que non me acaba de gustar cando o vexo posto no blog. Esta vez non. Estes días andívenlle dando voltas aos miolos coma un tolo tratando de tomar unha decisión difícil e importante. Hoxe, por fin, tomeina e iso debera de supor un alivio, pero é á vez unha decepción: cando escolles unha cousa, habitualmente descartas outra e este é o caso. Despois dunha noite de insomnio e moitos quebradeiros de cabeza, os ánimos estaban realmente baixos. Entón, saíron do seu acobillo dous amigos: Pati, que me dixo que a decisión lle parecía boa (aínda que fose mentira eu precisaba escoitar iso nese momento) e Miguel, que me recomendou... empregar crema solar ?????


14/2/08

I don’t wanna miss a thing

Pensei moitas veces na letra desta canción cando, mentres buscaba o camiño que me trouxera ata Oxford, viñan mal dadas. Cando mandabas currículos e currículos e ninguén te chamaba. Ou cando te chamaban un bo feixe de recruiters no día e varios, intentando aproveitarse de ti, che dicían que ti non valías os cartos que pedías, que lle quitaras case a metade, porque tiñas pouca experiencia e nunca estiveras no Reino Unido e que... Cando terminabas ás tantas da madrugada de mirar os vinte e tantos correos que ese día che chegaran, cada un deles con cen traballos relacionados coas palabras clave que ti puxeras, e te dabas de conta de que en ningunha desas ofertas que ese día chegaran ti encaixabas realmente e estabas canso e ao día seguinte tiñas que ir a traballar. Cando pensabas en toda a xente á que ías a deixar de ver tódolos días. Xente á que queres e que te facía erguerte tódolos días cun sorriso e ir feliz e contento a pasar nove horas diarias (ou máis) con eles. Cando lembrabas a eses amigos que son coma os radares dos mosos, que están pero non se ven, e que agora estarían se cadra un chisco máis agochados. Teus pais, teus irmáns...

Cando o camiño aínda estaba por facer, eu non tiña aínda mapa, e todo iso me viña a cabeza, lembraba esta letra e todo o que para nós significa e pensaba: “Ei, de ela... de ela non me quero perder nin unha cousa”

I could stay awake just to hear you breathing
Watch you smile while you are sleeping
Far away and dreaming
I could spend my life in this sweet surrender
I could stay lost in this moment forever
Well, every moment spent with you
Is a moment I treasure

I don't wanna close my eyes
I don't wanna fall asleep
'Cause I'd miss you, babe
And I don't wanna miss a thing
'Cause even when I dream of you
The sweetest dream will never do
I'd still miss you, babe
And I don't wanna miss a thing

Lying close to you
Feeling your heart beating
And I'm wondering what you're dreaming
Wondering if it's me you're seeing
Then I kiss your eyes and thank God we're together
And I just wanna stay with you
In this moment forever, forever and ever

I don't wanna close my eyes
I don't wanna fall asleep
'Cause I'd miss you, babe
And I don't wanna miss a thing
'Cause even when I dream of you
The sweetest dream will never do
I'd still miss you, babe
And I don't wanna miss a thing

I don't wanna miss one smile
I don't wanna miss one kiss
Well, I just wanna be with you
Right here with you, just like this
I just wanna hold you close
Feel your heart so close to mine
And stay here in this moment
For all the rest of time

Don't wanna close my eyes
Don't wanna fall asleep
'Cause I'd miss you, babe
And I don't wanna miss a thing
'Cause even when I dream of you
The sweetest dream will never do
'Cause I'd still miss you, babe
And I don't wanna miss a thing

I don't wanna close my eyes
I don't wanna fall asleep
'Cause I'd miss you, babe
And I don't wanna miss a thing
'Cause even when I dream of you
The sweetest dream will never do
I'd still miss you, babe
And I don't wanna miss a thing

Don't wanna close my eyes
Don't wanna fall asleep, yeah
I don't wanna miss a thing




10/2/08

Un paseo por Oxford

O venres, onte e hoxe o tempo foi realmente agradable nestas latitudes. O sábado pola tarde aproveitamos para ir xantar e dar unha volta polo centro de Oxford e para visitar o Magdalen College.

Fixen, para vós, moitas fotos e deixéivolas aquí.


8/2/08

Un bo día

Hoxe foi un bo día. Vamos, iso penso agora, ás 20:30h, sentado no tren de volta a Oxford despois de me tomar unha pinta de cervexa con sabor a laranxa e outra media pinta de sidra cos meus compañeiros de traballo...

Hoxe falei unha morea. Seguramente pouco para o que tería falado un día normal aí na terra, pero moito para o que teño falado no traballo desde que cheguei ao UK. Parveen, así se chama o rapaz indio que se acaba de incorporar a Adeptra, é por sorte un rapaz aberto e falador e, ao ser novo, aínda non ten tanto que facer coma o resto, que estiveron todos estes días a tope de traballo. Hoxe, para a que xa me preguntou o outro día ao ler o blog se chegaba sempre tarde ao traballo, cheguei ás 8:45h. Cando chegou Parveen xa se puxo a preguntarme se atopara máis victims que probaran o noso sistema o día anterior. Comezamos a falar un pouco, e uníronsenos un chisco Noel e Dave cando chegaron.

O resto do día fun facendo traballo e encadeando algunha que outra conversación con Parveen e Noel fundamentalmente e, á hora do xantar, esta vez non se apuntou ninguén a vir ao pub... salvo Parveen. E alá fomos os dous. El estívome a contar un pouco a súa historia, eu a el a miña, e foron unha mesa e unha sobremesa realmente interesantes.

A tarde transcorreu máis ou menos do mesmo xeito, traballando e encadeando de cando en vez unhas palabras e, tal como xa comentara Nikki (chámase realmente Nicola pero todos lle chaman Nikki) cando lle preguntei se non viñan a xantar ao pub, ao cabo da tarde fomos a tomar unhas pintas. Noel, Nikki (son parella), Olly, Parveen e o Albela (un servidor). Eles despois foron cear, pero eu só me quedei a dúas roldas e xa na primeira anunciei que pagaría eu a segunda, porque esta semana cobrei o meu primeiro soldo no UK e porque, ademais, hoxe facía tres semanas en Adeptra. O ecuador do meu contrato de seis.

Falamos moito, botamos unhas risas, contáronme cousas sobre a empresa e sobre eles, conteilles cousas sobre estas tres semanas...

Agora vou de volta no tren. Nun deses vagóns chamados “quiet zone” que hoxe, venres noite, ten bastante pouco de quiet. Dúas ringleiras de asentos adiante vai unha nai cun neno pequeno. Xusto enfronte de min, unha moza bastante xeitosa maquéase despois de falar por teléfono e dicir que chega a Oxford en vinte minutos (cousa que me tivo que preguntar a min). Tres ringleiras máis alá, un rapaz negro que fala por teléfono detén a conversación para librarlle o asento do lado e dicirlle que, se non está comigo, pode ir a acompañalo a el. A rapaza despois, como eu escribo no ordenador (ela non sabe que estou a escribir sobre o que alí pasa, que senón...), pregúntalle ao rapaz da mesa do lado se ten os ollos ben maqueados. El dille que non están moi simétricos, ela retócaos e el dálle a súa aprobación.

O Albela, feliz. Tecleando no portátil historias para a súa xente, contemplando as cousas que ante el suceden nun idioma estraño e sabedor de que, en Oxford, a apenas xa dez minutos de tren e outros dez de bicicleta, lle espera... Vamos, que o están agardando.

7/2/08

Adeptra

Cos meus compañeiros de traballo (non me gusta poñer o ex e non o farei), os meus amigos de CTAG, temos comentado algunha vez que é case tanto ou máis importante levarse ben cos compañeiros do choio que coa respectiva ou respectivo. A razón é simplemente matemática. Cos compañeiros de traballo, queiras ou non, tes que convivir oito, nove ou máis horas ao día. Pode ser que incluso teñas que facer con eles no ano una morea de viaxes aos máis insospeitados lugares, soportando esperas en aeroportos ou estacións de tren. Reunións, xantares de negocios, cursos... Cun pouco de mala sorte (ou boa, depende de para quen), pode ser que non esteas coa túa parella máis de unha ou dúas horas ao día, aparte das oito que pode ser que durmas con ela (se estás casado ou vives en pecado), e as fins de semana (se non resulta que cada un ten que tirar para un lado por calquera circunstancia). Se te levas mal coa xente coa que traballas, soportarás un inferno no que vivirás polo menos 8 horas ao día.

Certamente o traballo e a xente que nel te rodea son moi importantes para calquera, así que non podía, neste diario da miña singradura polos ríos da Inglaterra, non facer mención ao primeiro peirao ao que arrimei meu bou.

Adeptra Ltd. (Ltd. stands for Limited) está en Reading, unha vila en pleno Thames Valley que, pola concentración de empresas de ámbito tecnolóxico que nela se da lugar, é coñecida por algúns como o Sillicon Valley do Reino Unido.

O edificio no que está a empresa está xustiño ao carón da estación de tren, o que para min resulta realmente cómodo. Saes da estación, andas aínda non cen metros, abres unha porta con código, sobes ao terceiro piso (sempre polas escaleiras, para mover ben as pernas antes de pousar o cu na cadeira) e xa estás entrando á oficina, que é bastante grande. Desde logo, sobra para os habituais, que somos uns oito, xa que haberá uns dezaseis sitios desocupados, máis dúas oficinas, unha sala de reunións, unha cociña, un par de salas que albergan servidores e, ao fondo, un espazo o suficientemente amplo como para albergar unha mesa de billar. E non o digo simplemente para que vos fagades unha composición de lugar, eh?. Temos, efectivamente, unha mesa de billar americano na oficina.

Neste apartado regras propias ao respecto e, así, en Adeptra sempre se xogan as partidas ao mellor de tres. Fronte ao billar hai unha pizarra cunha lista de nomes e puntuacións. A primeira vez que xogas é de proba, e non te apuntan. A segunda anótante na pizarra e asígnanche cincuenta puntos. Se gañas, quítaslle dous ao teu opoñente. Se perdes, el quítache dous a ti. Eu xoguei dúas partidas (a primeira era de proba). Teño corenta e oito puntos.

Na oficina hai tan pouca xente porque a inmensa maioría traballan desde casa. Ao meu xefe, por exemplo, aínda non o coñezo, salvo por unha foto que vin pegada á pizarra das puntuacións. O mesmo ocorre con outros compañeiros programadores ou de QA (léase ‘kiú ei’, sendo as siglas de Quality Assurance) que están na delegación de Estados Unidos, cos de ventas, que están a maioría contratados pola oficina de Reading pero están en Francia, con outro programador polaco, ou co Array, que é como chaman ao grupo de chinos que programa tamén para Adeptra. Descoñezo porqué lle chaman así, pero non deixa de ser simpático. Imaxinade:

Chino[] arrayChinos = new Chino[20];

for (int i=0; i<arraychinos.length(); i++) {

arrayChinos[i].startProgramming();

}

(desculpen, os non programadores, o detalle friki e, os chinos, que me faga o simpático deste xeito, pero non o puiden resistir)

Dadas as circunstancias xeográficas de cada cal, as reunións son, evidentemente, por conferencia, neste caso telefónica, combinada ás veces con algún programa de webconference para que un poida contar algo e os outros todos ver na súa pantalla ao que se refire. Cando son só por teléfono, como nos Dev meeting, ou reunións semanais de programadores, eu maiormente non me entero de nada. Inténtoo con tódalas miñas forzas, pero é imposible. Aos americanos aínda se lles entende algo, pero aos británicos para min é moi difícil. Para colmo, claro, falan de sistemas cos que eu aínda non estou familiarizado e fan chistes sobre cousas que lles pasaron antes de que eu chegase, así que non hai maneira. Limítome a escoitar todo o concentrado que dou intentando aprender algo, ata que escoito algo parecido a “Llerardou” (que se supón é meu nome) ou tamén algo que se lle asemelle ao nome dalgunha das compañías españolas coas que me teño que entender e, entón, solto un monólogo acerca do estado do(s) proxecto(s). Como nese caso me fan preguntas sobre cousas que teño controladas, pois xa me defendo mellor...

Que facemos? Pois o máis doado é que vaiades á web da empresa e, se sabedes un mínimo de inglés, escoitedes os exemplos de son que hai alí pero, basicamente, a empresa ofrece a outras empresas, fundamentalmente bancos, pero tamén por exemplo algunhas grandes superficies, os seus servizos para realizar cobros por teléfono. Así, por exemplo, ti poderías ter activado este sistema co teu banco e, se che chega unha factura da compañía eléctrica, o banco pasaríanos os datos necesarios (tranquilos, nós usámolos, non os almacenamos) e nós chamariámoste ao teu móbil ou fixo, asegurariámonos de que ti es ti, e logo ofreceriámosche opcións como realizar o pago coa túa entidade bancaria habitual, pospoñer o pago uns días, pagar unha parte do importe, ou pagar cunha tarxeta doutra entidade, por exemplo. O mellor é que escoitedes os exemplos.

Eu dedícome ao das tarxetas, basicamente. Estoume a encargar dos contactos con algúns clientes españois e dos contactos con entidades financeiras españolas que dispoñen de pasarelas de pago e do traballo con esas pasarelas, para poder mandarlle a elas os datos da tarxeta do cliente e así realizar o cobro. Teoricamente o traballo non é complicado, porque as interfaces están pensadas para ser relativamente sinxelas, pero sorprenderiádesvos das animaladas que algúns lle deixan facer aos seus programadores e, sobre todo, da deficiente atención ao cliente dalgunhas empresas.

Hoxe pola tarde chamoume Dimitri, un do equipo de QA dos USA que é, xunto comigo, con Kristine e con outro rapaz novo indio que acaba de entrar e do que non sei escribir o seu nome, parte do grupo que é quen de practicar a fala hispana en Adeptra. Quería que lle axudase a buscar xente en España para probar sistema que lle estamos a desenvolver á rama española dunha entidade emisora de tarxetas de crédito. Dicía que se lle podía axudar. “Chamar os meus amigos, a conta da empresa, e poder falar con eles un bo anaco, saber que están ben, a cambio de enredar un pouco a algúns (os que poidan) para que proben o noso sistema, sabendo que a moitos ademais lles apetecerá facelo para saber a que carallo me dedico?”. “Mmmmmmmm... déixame pensalo, Dimitri...”. “Siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii” ;·)

PD: grazas a Xulio, Sergio e Mari, e José María, que nos axudaron (e moito) a depurar ese sistema. E desculpade o atraco. A Juan, Marta, Armando, meu irmán Santi, Coqué e Jordi, (salvo Juan, que xa marchaba do hospital e non ten teléfono fixo no piso e Jordi, que estaba en Italia, o resto non colleron o teléfono) dicirlles que outra vez será...

PD2: isto quedoume moi longo e, ao final, non vos falei case dos meus compañeiros. Queda pendente para outra.

6/2/08

Todo é relativo

Luns, 4 de febreiro de 2008

Hoxe espertei canso. Espertei dúas veces pola noite. Das dúas veces que espertei estaba soñando, o cal seguramente quere dicir que non estaba a descansar coma é debido. Cando me din duchado, peiteado e vestido, eran xa as oito e algo, o cal claramente indicaba que ía a chegar tarde.

Cando por fin collín a bicicleta notábame falto de forzas. Normalmente adianto aos outros ciclistas. Hoxe adiantábanme. Tamén me notaba torpe, e por iso, nos atascos que se provocan chegando á estación de tren de Oxford, non me metín por entre os coches coa mesma soltura que o resto dos días.

Cando por fin cheguei á estación de tren, o tren cara a London-Padington que pasa por Reading e o tren que vai ao dereito para Reading ambos ían con retraso. O que máis cedo chegaría faríao ás 8:56h, 8:59h, 9:09h, 9:06h. Despois do baile de horas de chegada, finalmente partimos de Oxford a iso das 9:06h.

Normalmente almorzo no traballo, xa diante do ordenador, cunha taza de chocolate (aquí chámanlle chocolat, pero é unha especie de Cacao-Lat, non vos enganedes) e unhas galletas, pero hoxe co tema do retraso merquei un “chocolat without cream” na estación de tren e comino, aínda que vos soe raro, cun cacho de pan e un plátano (en honor á miña Carolina).

Mentres, miraba a prensa. Un diario gratuíto chamado Metro que collo de cando en vez. Hoxe, a nova de portada era que as enfermeiras que traballan por contrato no Reino Unido estaban a cobrar... 120 libras por hora! Máis que moitos responsables de saúde, máis que os consultores e administradores contratados tamén de xeito temporal polo sistema de saúde, máis ca moitos médicos. “Enganeime de choio”, pensei. “Estudaba para enfermeiro, tres aniños namais, víñame para o UK e... a forrarme!”. Logo, se lías o artigo, só dúas enfermeiras, unha en Berkshire e outra en Chesterfield, chegaran a cobrar esa cantidade. O típico sensacionalismo periodístico, que fai da excepción a regra. En todo caso, si é certo que no UK, despois dun recorte considerable do gasto no sistema de sanidade público por parte do actual goberno, se están a deixar unha boa morea de cartos en contratar a persoal por medio de axencias igual que estou a traballar eu agora, para cubrir os déficits puntuais, pero cada vez máis frecuentes, de persoal.

E, en todo caso, que carallo ía a facer eu de enfermeiro se non é o que me gusta? Pagarían esas 120 libras por hora a sensación de estar facendo algo que non é o que quero facer, algo no que seguramente non me sentiría realizado? Non é cuestión neste caso da profesión de enfermeiro en concreto, de que sexa máis ou menos importante, non vos centredes niso porque non é ao que vou. O tema é saber qué poñemos diante, se os cartos ou estar a gusto co que un fai. Poñédevos no dilema: facer algo que de verdade che gusta e cobrar normal ou incluso tirando a mal, ou facer algo que realmente che desagrada e gañar moitos cartos. Canto pagariades da vosa saúde física e mental para engordar a vosa conta corrente?

Seguramente a enfermeira esta das 120 libras por hora estará toda contenta e feliz co seu salario e o seu traballo pero... e vós? Que fariades se tivésedes que escoller? Eu, creo que o teño bastante claro... ¿ou non?

Mércores, 06 de febreiro de 2008

Hoxe durmín bastante ben. Non sei exactamente porqué pero, desde que me vin para aquí, sempre esperto polo menos unha vez durante a noite. Érgome, vou ao baño, volvo para a cama e quedo durmido de novo (normalmente). Hoxe tamén, pero durmín ben. Erguinme cando soou por segunda vez o móbil (como de costume), ducheime, agarrei a bici e marchei para a estación. Fixen cola (pouca) e, cando ía a pagar... deixara a carteira na casa. “Sorry, I am not going anywhere. I left my pockt at home”, díxenlle ao vendedor de billetes, un simpático que un día me despediu cun “Buenos días, señor” cun acento británico máis pavero ca pouco. O homiño puxo cara de circunstancias.

Collín a bici, volvín a casa, collín a carteira, volvín para a estación e... unha longa cola me agardaba se desexaba mercar o meu billete. Agardei paciente, collín o billete e dirixinme aos andéns. Cando cheguei, o tren... ¡aínda estaba aí! ¡Rápido! Mete o billete na máquina!, corre!, “is this the train to Oxford, sir?”. “Late!!!, late!!!”. O xefe de estación abriu os brazos interpoñéndose entre o tren e eu e, quince segundos despois (dábame tempo de abondo, carallo de tipo este...), o tren partiu cara a Reading... sen min.

Facía bastante frío, pero xa non podía entrar de volta na estación. Unha vez que pasas ás platform, amiguiño, estás nas platform, non hai volta atrás. Dispúxenme a almorzar. Collera unha baguette pequena e dous plátanos. Collo o primeiro plátano e... espachurrado! Con tanta bicicleta e tanta hostia, espachurrei o plátano este. Tiro con el. Collo o segundo e... en fin. Tireino tamén.

Non podía, como digo, volver á estación a mercar sequera un chocolat e unhas cookies, de xeito que me dispuxen a comer o bocadillo de xamón serrano con tomate que hoxe levaba para o xantar.

Ao final, cheguei ao choio ás 9:45h. Hai días que un se levanta co pé... esquerdo?

(iso si, co pé que sexa, mirando sempre... adiante)