25/2/09

Gail contra Jade

Todo isto que ides a ler (se queredes) hai que enmarcalo nun contexto de pelexas de nenos, cando menos xornalísticas, entre o Reino Unido e España. Nos xornais ingleses andan a cada pouco, sobre todo con ocasión de eventos deportivos despois do famoso 'dígale al negro que usted es mejor' de Luís Aragonés a Reyes, a tratar de sacar a relucir o presunto racismo español. No artigo do que vos paso o enlace podemos dicir que se adican desde 'El Mundo' (xornal cuxo director non é precisamente do meu gusto) a lle mandar un recadiño aos ingleses como resposta. O feito de que eu considere que sexa parte desa guerra de medios entre os dous paises, non quere dicir que, en certo modo, o artigo non estea no certo en facer moitas das preguntas que se fai. Xa vos comentarei se aquí se deciden a 'nos' mandar unha resposta ;)

1 comentario:

Kirsten dijo...

Ola G.
Vomito sobre Pedro J., pero xa quedara asustado co de Jade (non é q non me de pena e so suscribo o q fai se é para q os seus fillos queden cunha boa conta $€$€$ - non teño pounds por aquí). Nin idea de Gail a "compi" de Univ. da Dtra. Sánchez.
Reitérome decindo q vomito sobre Pedro J.
Simplemente añadir q teñas coidado de non enfermar en UK q che pode atender unha enfermeira sen graduado escolar.