24/1/08

A primeira vista

A verdade é que así, a primeira vista, case todo parece difícil. Parece difícil montar na bicicleta, parecen difíciles os deberes que che poñen no colexio, parece logo difícil que che faga caso esa moza que tanto che gusta, parece difícil chegar e superar a Universidade, parece difícil facerlle fronte ao teu primeiro traballo, difícil deixar atrás á xente á que queres e irte a onde non coñeces á ninguén... Parece difícil enfrontarte a unha páxina en branco. Ou a un blog "en branco"...

Pero, ao cabo, con esforzo e, sobre todo, ilusión, todo é posible. Na bicicleta caes unha e outra vez ata que, ao cabo, de súpeto, te ves todo contento en longas tardes de aventuras de par dos teus compañeiros; cos deberes non só podes senón que, de cando en vez, ata sacas boas notas coas que contentar a teus pais; á Universidade chegas e, con esforzo, atópaste un día por fin diplomado, licenciado ou enxeñeiro; aos amigos, á familia, á xente que queres... déixalos atrás con pena, pero ilusionado, porque a moza esa que tanto che gustaba, a que crías que nunca che faría caso, te está agardando e ti sabes que o teu destino está alí.

Cando tomei a decisión de partir da miña benquerida terra cara á pérfida Albión, a idea rondoume xa pola cabeza, pero foi o meu Xulio o que me dixo: "tes que facer un blog para contar o que che pasa e que poidamos saber que é de ti".

Sempre me pareceu un tanto exhibicionista isto dos blogs nos que un conta cousas da súa vida, pero o certo é que seguramente resultará cómodo para que, por exemplo, a xente que te quere poida saber de ti sen que os teñas que chamar a todos polo Skype, teñas que ter a mesma conversación con cada un deles polo messenger, ou lles teñas que mandar a cada subgrupo deles distintas versións do mesmo correo electrónico. Así pois, como penso que resultará útil, vouno a empregar. O que non me coñeza de nada e caia por aquí, que pase, que vexa e, se lle apetece, que deixe a súa mirada cravada neste taboleiro virtual.

Collede un bo bastón, calzado cómodo e calcetíns secos, porque non teño nin idea de por que tipo de camiños nos vai a levar esta viaxe. Só sei unha cousa: nin un paso atrás. Nin un paso, nin unha mirada. Sempre mirando adiante.

Desde a distancia, o fraguel viaxeiro, comeza a mandar postais...

11 comentarios:

AlterCoira dijo...

Outra parada obrigada na actualidade cibernética do Coira.
Ogallá comeces axiña a encher isto de cousas moi boas... ainda que coñecéndote, non pode ser doutro xeito.

Arale dijo...

Viiiiiva! Un Gerardo en la red! Esto de internet es un gran avance! :P

No dejes de compartir tus experiencias con nosotros (siempre ávidos de ellas).

Anónimo dijo...

Alegrome de verte tan ben e de segui mirando adiante.
Unha aperta dende Lisboa
Sónia

Anónimo dijo...

Non vexo Xinzo nin Ourense
nin A Forxa nin Pintás
tan soio vexo Alemaña
que cheira que apesta a gas
(...)
Por moitos anos que pasen sempre o mesmo laiar.

E bo falar de cando en cando na lingua do corazón axuda a mirar adiante.
Moitos bicos!

Anónimo dijo...

Et bon,

finallement t'es là bas, en Ingleterre. Les cons.

Cette fois j'écris en français, il faut être le prémier à qqc, ¿non?. Et ce peut être qu'un jour tout le monde lisse un blog qui aura pas mal de chosses a raconter.

Et tu m'as donnée une bonne idée. J'avais pensée à le faire plusieurs fois, ma situation c'est pareille. Mais il faut du temps, du valeur et t'as bien raison, un petit peu d'exibitionisme.

J'espère que l'on se vera dans pas trés longtemps autour d'une bierre au "Turf Tavern".

Mes amitiés. À+.

Anónimo dijo...

Ó fraguel viaxeiro eu dígolle: "Vamos a xogar! Deixa os teus problemas, para desfrutar, vén a Fraguel Rock (OX)!!!!!!!!"
Rtpt

Anónimo dijo...

Carai, Gerardo, non che sabía que foses tamén escritor... Parece que imos ter un blog moi interesante, e de seguro que cheo de boas historias. A verdade é que che teño envexa, pois acórdanme os meus tempos Erasmus, ainda que o teu é un paso mais alá.
Apertas para ti e tamén para Julia.
Pablo Silva.

gerardoalbela dijo...

Moitas grazas a todos polos vosos comentarios. Un por un...

Julito, ti mírasme con moi bos ollos. De seguro que encherei isto con cousas boas e malas. Unha cousa é segura: todas sairán do corazón.

Arale: moito ánimo e moitos biquiños. Por certo, se estás sempre mirando atrás, ou cara abaixo, pódeste levar unha boa labazada. Non te esquezas nunca de mirar adiante. ;·)

Sonita: moitas grazas polos teus comentarios do outro día polo MSN e unha aperta tamén desde OX.

Morwen: grazas por esa copla tan sentida. Se buscas no Google o primeiro verso, aparece en primeiro lugar!!! De tódolos xeitos, xa terás o detalle de me mandar un correo privado dicíndome exactamente que és, porque con ese pseudónimo tan elaborado, só podo atinar a facer hipóteses en base ao teu texto...

Ao meu primo: simplemente, que quedamos na Turf Tavern ;·)

rtpt: http://www.youtube.com/watch?v=JNAunXUSFlY

Pablito: se che apetece lanzarte á aventura, só che podo dicir que me parece algo altamente recomendable. Se queres vir de visita, xa sabes onde estou. Sobre o de que son escritor... uffffff Eu creo que simplemente poño palabras unhas detrás de outras para contar, neste caso, o que me pasa nesta aventura. Agardo ser capaz de facelo cun mínimo xeito para, cando menos, non resultar demasiado pesado.

Anónimo dijo...

Quedara en ler con calma o teu blog!! E fixeno!! Tarde pero fíxeno!!
Gustame como escribes, gústame a túa forma de ser e gústame cales son as túas prioridades!! Ademáis de seguir desexando que teñas moita sorte, desexo que non cambies!! O da bici coma as outras cousas ten que ver coa aprendizaxe dunha habilidade motora, e non queda outra que practicar e practicar até facela autómatica, cousas dos humanos!! Continúa a historia en Oxford!! Coidate moito!!! Eva.

Anónimo dijo...

Meus respetos: se os blogs teñen esta calidade/estilo, láiome de que o meu arroz xa se me pasara, para sintonizar cos tempos nos que estades/sodes. Caderno de bitácora co ulido do voso mar, co sal xusto, o sol no frente, a alma quente. Adiante, con todo o pano ó aire!

Anónimo dijo...

congratulations my dear friend this is a fantastic idea! It seemas that you are not so far, after all. However, we still miss you, a lot, a lot