31/1/09

Saville Row

A pasada fin de semana xa escoitara na BBC 4, mentres corría (algún día terei que vos falar do moito que corro e leo ultimamente), a nova dos corenta anos do último concerto dos Beatles, na rúa Saville Row, en Londres, no tellado da sua discográfica. A esas alturas din que o grupo estaba xa roto, desfeito en pelexas e envexas entre os compoñentes. Eu non teño nin idea do que podía estar a pasar polas súas cabezas neses momentos, nin realmente me importa. O que sei e que a súa música, aínda corenta anos despois, a min que nin sequera era un proxecto cando eles deron este último concerto, aledame o corazón e faime sentir vivo. Faime retroceder 16 anos, a cando eu tiña 15 e, encerrado na habitación na que hoxe meus pais teñen o ordenador para se “coneztar” con Isabeliña e comigo e Juliña, comezaba a arrancar notas da miña guitarra, unha imitación de Stratocaster vermella e branca, ás veces coa axuda de Alberto Canedo, fan confeso dos Beatles, e outras tan só coa axuda dun libro fotocopiado con ducias de cancións dos Beatles.

Por iso, para ver se consigo que vós vos sentides igual cheos de amor e enerxía positiva pase o que pase hoxe nas vosas vidas, aquí vos deixo ligazóns ás tres partes dese concerto.

Estou seguro de que as pintas, as melenas e barbas descoidadas, non lle gustarían nada a Antonio, o tío de Julia, que acumula xa 89 anos de sorrisos e bo humor na única perna que unhas maniobras en Ourense despois da guerra lle deixaron. El que tan contento quedou cando eu cortei o pelo, miraría aos catro melenudos estes de Liverpool e diría cun sorriso que iso está moi ben, que cada un fai o que quere e vai como mais lle gusta pero que para el, coma o pelo ben cortadiño “como debe de ser”, non hai.

A primeira e última das cancions, sen embargo, de seguro lle gustaría a Carme, a nai de Julia, que nola poría tódolos días á súa filla e a min se puidese entender o inglés ese que di “Get back, get back, get back to where you once belonged...”.









3 comentarios:

Kirsten dijo...

Boas noites Gerardo. Vexo que efectivamente tes todo un "fan" do Blog, como comentabas aquel día na casa de Natalia Vigo.
Téñoche lido ó principio do Blog e últimamente tamén. Penso que se trato de poñerme ó día me levaría moito tempo.
Xa lle teño comentado a Julia alabanzas cara a túa retranca Mr.Birdcatcher.
Estou montando un Blog temático para o cal "roubéiche" o diseño, previo permiso da Doutora Sánchez.
Un saudo!,
Luis (o mozo de Charo).

gerardoalbela dijo...

Ola Luis,

Non sei quen e exactamente o fan do que falas, pero como penso que os meus lectores se (vos) poden (podedes) contar cos dedos das mans, pense en quen pense non me enganarei moito ;)

Gracias polas alabanzas (algunhas tenhen chegado aos meus oidos) e que saibas que xa lle botei unha ollada ao voso blog (tenho que dicir que o parrafo final do primeiro post o considero pertinente ;) ).

Sobre o desenho tranquilo que, como xa saberas, "roubachesllo" a blogspot. De todolos xeitos tenhoche que advertir que o meu amigo Henrique di que con esas letras grises sobre fondo negro se lle cansa a vista e non hai quen lea o meu blog.

Apertas e moita sorte con todolos preparativos (blog incluido).

Gerardo (o mozo de Julia ;) )

PD: quen e Kirsten? :P

Kirsten dijo...

Por partes :-)

-Refírome á pequeniña en Bélgica.
-Co comentario do blog quería aclarar as cousas, por se se me malinterpretaba, non quero faltarlle a ninguén ó respeto, quen me coñeza saberá o inocente dos meus comentarios. Calquera sitio é bo se a un lle gusta.
-Deseño: sí, claro a bspot, como miles de outros. Ainda que preferín darlle máis ancho ó texto. Xa lle comentara tamén a J. q molesta se tes q ler moito, sobre todo se cambias xusto despois a un fondo branco noutra pantalla. En todo caso, o meu Blog pretende ser moi visual e pouca letra (salvo no 1º post).
-Kirsten: Unha larga historia, de forma q crea ambigüedade en quen elabora os comentarios e ó mesmo tm represéntanos ós dous. Tranki q noi hai unha 3ª en discordia (poligamia) :-D

Unha aperta.