Xa contei aquí que ultimamente corro moito. Tamén dixen que volo tiña que contar con calma un día, pero non será hoxe.
Simplemente, pasa que sempre que vou a correr levo o móbil. Vou con el escoitando BBC Radio 4 e, cando a beleza da paixase me deixa abraiado, paro e quito unha foto.
Tiña xa de hai moito tempo o Flickr bastante descoidado, pero onte puxenme e subín unhas poucas fotos das que quitei durante xaneiro e febreiro e creei un novo álbume que dei en chamar Running pictures. Agardo que vos guste.

No hay comentarios:
Publicar un comentario