18/4/09

Susan Boyle

Para os que non o saiban, 'Britain's got talent' (Bretaña ten talento, poderíamos traducir) é a sorte de 'Operación Triunfo' que teñen aquí. Simon Cowell, o señor que aparece no xurado sentado á dereita das imaxes, é o creador do programa (non só deste, senón de 'X-factor' tamén, 'Factor X' en España) e unha especie de gurú televisivo e productor musical de éxito que trasladou este programa xa a sitios coma os EEUU, onde tamén é un éxito.

O outro día comezaron a emitir as audicións que fan para seleccionar aos participantes e causou sensación unha señora escocesa de 47 anos que conquistou a todo o mundo coa súa forma de ser e de cantar. Diante de todo o mundo, o patiño feo converteuse en cisne sen necesidade de mudar de pluma: fíxoo con só abrir a boca.

Espero que vos guste.


Nota: ides ter que seguir a ligazón e ir a velo á páxina de YouTube, porque teñen desactivada a posibilidade de incorporar este vídeo en páxinas alleas. O vídeo de Susan leva xa máis de 24 millóns de visitas !!!



Por certo, que agora mesmo todo o mundo apunta a Susan como ganadora do concurso deste ano (as apostas que aquí toman como indicador destas cousas están moi ao seu favor). Para que vexades quen ganou nas anteriores edicións, aquí tedes o rapaz que ganou o ano pasado:


E ao incrible vendedor de teléfonos móbiles que acabou ganando a primeira edición:

3 comentarios:

Kirsten dijo...

Ola de novo,

Si, o da 1ª edición, unha vez vin o video dinme conta del (non sabía da súa profesión), foi o típico mail q rulou moito por ahí como video adxunto.
A súa cara peculiar e simpática, incluso como aflixido, fai q che guste ainda máis e te emocione tamén máis.
Por certo, e xa q non ides, q saibades ca canción de Puccini será a utilizada para a entrada e brindis "dos noivos" no salón :-)

Ya veo q te lo curras en aras d q comprendamos mejor a estos británicos q cuando hai temporal en el Canal de la Mancha "queda aislado el Continente".

Unha aperta ós dous,
Luis

Kirsten dijo...

http://actualidad.terra.es/sociedad/articulo/aparece-susan-boyle-3210173.htm

jajajajaja.

"Aparece una magdalena con la cara de la cantante escocesa Susan Boyle (...). Su rostro (...) ha aparecido en un bizcochín de desayuno, desbancando en popularidad a otra pareidolia recientemente bizarra: la cara de Jesús que apareció en un Kit-Kat hace sólo unos días"

gerardoalbela dijo...

Hai xente moi cruel. Tanto coma os das madalenas... e máis:

Una productora de cine porno ofrece un millón de dólares a Susan Boyle